Queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañaron na estrea de Nexos. Foi dentro do marco do Festival Ext-Cénica de Oleiros. Grazas a Chey Jurado polo apoio incondicional, e por ese asesoramento tan intenso. Grazas a Milos Cotelo polo teu arte no diseño das camisas, e grazas a Artestudio Xestión Cultural polo apoio na distribución e producción. Grazas por suposto a todas esas persoas que nos asesoraron e apoiaron no proceso creativo: Carmen Cotelo, Betty Pérez, Armando Martén, e todas as que estiveron na preestrea.
Grazas ó Concello de Oleiros por permitirnos estrear na casa, nun marco incomparable.
E grazas enormes a todo o público que nos deu amor, aplausos e cariño incondicional. Foi inesquecíbel.
Fotos: Xaquín Silva e Pedro Laport
No hay comentarios:
Publicar un comentario